CRTVG

Buscar

O Parlamento de Galicia está previsto que se constitúa o sete de agosto

Publicado o 12/07/2020 08:50
O Parlamento de Galicia está previsto que se constitúa o sete de agosto

A composición do próximo Parlamento de Galicia quedará definida esta noite e constituirase o 7 de agosto nunha sesión na que os deputados tomarán posesión de cadansúa acta.

A partir dese día iníciase un prazo de 30 días máximo no que o candidato ou candidata á presidencia da Xunta que aspire a ser investido ten que presentar o seu programa no hemiciclo. 

No caso de non obter a confianza da cámara coa maioría absoluta, 38 deputados, en primeira instancia, habería unha segunda votación na que abonda obter a maioría simple do Parlamento.