O Parlamento conmemora as primeiras eleccións que deron paso a 40 anos de autonomía
Publicado o 20/10/2021 16:47
Tal día coma hoxe hai corenta anos celebrábanse as primeiras eleccións galegas.
O Parlamento conmemorou este aniversario cunhas xornadas que lle deron voz a catro dos 71 deputados daqueles comicios. Mariano Rajoy, Vázquez Portomeñe, Xerardo Estévez e Camilo Nogueira destacaron o elevado nivel de concordia e consenso que había daquela; e que o presidente do Parlamento apostou por recuperar.
O presidente da Xunta amosouse "orgulloso" deses primeiros deputados que nos permitiron, dixo, "deixar de ter soños prestados".