CRTVG

Buscar

O Parlamento concede as súas medallas de 2019, entre elas, unha á emigración galega

Publicado o 06/04/2019 13:11

Este sábado entréganse en Santiago as Medallas do Parlamento de Galicia 2019. O acto estará presidido polo titular da Xunta, Alberto Ñúñez Feijóo. Nesta edición concédese unha medalla á emigración galega, unha decisión que o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, considerou "de xustiza", pola achega da emigración ao desenvolvemento da comunidade. O distintivo entregarase ás entidades da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

Noticias web

06/04/2019