O Parlamento aproba, coa abstención do PSOE, unha iniciativa que pide a supresión dun artigo da Lei de costas
Publicado o 10/02/2021 17:36

O Parlamento de Galicia pediulle ao Goberno central a supresión do artigo da Lei de cambio climático que limita a 75 anos as concesións ás empresas que operan no litoral. Ou, polo menos, a súa modificación.
O PPdeG, que é o grupo autor da proposta, asegura que este artigo crea inseguridade xurídica no sector "mar-industria", e pon en perigo a continuidade de centos de empresas instaladas no litoral galego.
A iniciativa contou co apoio do BNG. O PSdeG abstívose. Os socialistas consideran que a limitación das concesións non afecta a lexislación vixente.