CRTVG

Buscar

O Parlamento aproba a Lei de pesca continental, coa que a Xunta quere afondar no aproveitamento turístico

Publicado o 22/12/2020 16:44

A nova lei de pesca para ríos, encoros e lagoas permite que os menores de 14 anos practiquen sen necesidade de licenza para favorecer a remuda xeracional. Amais crearanse as chamadas escolas de río, para que os máis novos coñezan e se formen neste deporte.

A nova norma aposta por unha pesca sostible que xere riqueza e emprego no rural a través do turismo; con ese obxectivo poderanse solicitar concesións piscícolas en lagoas e encoros. Tamén se permitirá pescar nalgunhas zonas durante períodos de veda, pero só con fins formativos, de adestramento e a xente da terceira idade.

En canto ás sancións, considera conduta moi grave a pesca de especies ameazadas e grave a devolución das especies invasoras á auga.

A nova lei tamén protexe actividades tradicionais, como as pesqueiras da lamprea no Ulla e as estacadas do río Tea.

Desde os grupos da oposición foron moi críticos con esta Lei de pesca continental. Din que non arranxa o desleixo da Xunta co coidado dos nosos ríos. 

Noticias web

22/12/2020