O Parlamento apoia a campaña Euromelanoma 2021 para prever o cancro de pel
Publicado o 14/07/2021 14:39

Nos seis primeiros meses do ano rexistráronse en Galicia 193 casos de cancro de pel; unha enfermidade que pode chegar a desenvolver o 50% da poboación maior de 65 anos se non toman medidas.
Os xefes de dermatoloxía das EOXIS de Santiago e de Pontevedra, acompañados polo conselleiro de sanidade, presentaron no Parlamento Euromelanoma 2021 "Misión Amarte"; unha campaña que busca concienciar da importancia da autoexploración, da protección e do diagnóstico precoz para previr este tipo de cancros.
O presidente do Parlamento comprometeuse a recuperar as xornadas de prevención cando a situación epidemiolóxica o permita.