CRTVG

Buscar

O Parlament reafirma a súa reprobación a Filipe VI e pide abolir a monarquía

Publicado o 25/07/2019 20:07
O  Parlament reafirma a súa reprobación a Filipe VI e pide abolir a monarquía

O pleno do Parlament aprobou este xoves dúas propostas de resolución, presentadas pola CUP e por ERC, en que se reafirma a reprobación ao rei Filipe VI, e tamén se propugna a abolición da institución monárquica. Ambas resolucións foron votadas esta tarde entre as propostas coas que concluíu o debate monográfico sobre a Cataluña real que solicitara o grupo de Ciudadanos.

O Tribunal Constitucional anulou o pasado día 17 unha reprobación anterior a Filipe VI que aprobara o Parlament, pero isto non impediu que prosperasen outras dúas resolucións con contidos moi parecidos.

Noticias web

25/07/2019