CRTVG

Buscar

O Páramo leva dous meses sen rexistrar ningún caso de covid

Publicado o 19/01/2021 14:52

A pasear, a comprar ou ao centro médico, son as actividades ás que reducen a súa rutina diaria os veciños de O Paramo. Leva case dous meses sen casos de covid e queren seguir así.  

"Tal é como está o tema do covid, sentímonos afortunados". "Que estea Lugo pechado condiciona, só se sae ao necesario".

Fronte á covid saben que vivir no rural dálles vantaxe. Aquí a vida transcorre tranquila, sen barullo. "Núcleos illados, axuda a que non avance o virus". "Vivir no rural é totalmente distinto ás cidades, aquí non hai aglomeracións".

Aínda así, non se confian e din que están moi concenciados coa situación sanitaria. 

"Teñen medo, protéxense e toman medidas". "O coidado é moi importante e aqui cúmprese", di o alcalde José Luis López.

Xunto ao Páramo, na provinicia de Lugo hai outro doce concellos máis que nestes momento non teñen casos de covid.

Noticias web

19/01/2021