O Papa recupérase da operación, está consciente e respira por si mesmo
O papa Francisco, de 84 años, pasou a súa primeira noite no policlínico Gemelli de Roma, onde se recupera da operación á que foi sometido por unha "estenose diverticular sintomática do colon". "O Santo Padre reaccionou ben á intervención realizada baixo anestesia xeral, segundo manifestou o portavoz vaticano, Matteo Bruni. Nun breve comunicado indícase que se atopa en boas condicións, está consciente e respira por si mesmo.
Fontes hospitalarias aseguran que a cirurxía durou unhas tres horas e que o Papa deberá permanecer uns cinco días ingresado antes de recibir a alta. A intervención fora programada con antelación e descoñecíase publicamente. A noticia causou unha enorme sorpresa xa que o pontífice celebrou o domingo o rezo da oración do Angelus e despois ingresou no Policlínico Gemelli.