CRTVG

Buscar

O Papa reclama en Nagasaki un mundo libre de armas nucleares

Publicado o 24/11/2019 11:23

O papa Francisco pediu este domingo, durante a súa visita a Nagasaki, un mundo libre de armas nucleares e criticou o impacto "catastrófico" do seu uso desde o punto de vista humanitario e ambiental. Francisco dixo que se "desperdician recursos valiosos que poderían empregarse en beneficio do desenvolvemento integral dos pobos e para a protección do medio ambiente".

O Papa cualificou de "atentado continuo que clama ao ceo" o feito de que millóns de nenos e familias vivan en condicións infrahumanas mentres se gastan grandes cantidades económicas "na fabricación, modernización, mantemento e venta de armas cada vez máis destrutivas".

Noticias web

24/11/2019