O Papa recibe a Spiderman no Vaticano
Publicado o 23/06/2021 21:36
Unha imaxe que chegou dende o Vaticano e deu a volta ao mundo. O que aparece diante da cara de sorpresa do Papa é, cando menos, curioso. Francisco remata a súa audiencia e, de súpeto, preséntanlle un superheroe que agardou con paciencia para lle regalar ao Santo Padre unha das súas máscaras. Tan inesperada conversa dura uns cantos segundos, e Spiderman aplícase a dúas mans para manter vivo o saúdo.
Debaixo do traxe de superheroe está a historia de Mattia, un mozo que se disfraza así para animar os nenos nos hospitais.