CRTVG

Buscar

O Papa prometeu hoxe "que vai pensar" na posibilidade de viaxar a España no ano 2021

Publicado o 05/05/2019 14:25
O Papa prometeu hoxe "que vai pensar" na posibilidade de viaxar a España no ano 2021

O papa Francisco prometeu hoxe "que vai pensar" na posibilidade de viaxar a España no ano 2021.

Díxoo durante o seu voo oficial a Bulgaria. Unha xornalista española preguntoulle sobre esa posibilidade, lembrándolle que no 2021 se celebra o Ano Santo en Santiago de Compostela e os 500 anos da conversión de San Ignacio de Loyola, fundador da compañía de Xesús á que pertence o Papa. "Prométoche que o vou pensar", foi a resposta do papa Francisco despois de saudar os 70 xornalistas que viaxaban con el.

Noticias web

05/05/2019