O papa Francisco preside o víacrucis nunha praza de San Pedro sen fieis
Publicado o 10/04/2020 23:49
O Papa presidiu un insólito viacrucis marcado pola pandemia de coronavirus desde un palco habilitado no medio da praza de San Pedro completamente baleira e só iluminada pola luz das candeas. En anos anteriores, as catorce estacións que percorren desde a condena a morte de Xesús ata a súa sepultura tiveron lugar no Coliseo de Roma, pero a emerxencia da COVID-19 obrigou o Vaticano a cancelalo. A praza de San Pedro foi blindada completamente aos fieis pola policía italiana, que realizou controis exhaustivos a todo aquel que se achegou aos accesos.