CRTVG

Buscar

O Papa pregará pola fin da pandemia nunha bendición urbi et orbi atípica

Publicado o 27/03/2020 10:26
O Papa pregará pola fin da pandemia nunha bendición urbi et orbi atípica

O papa Francisco convidou a todos os católicos a unha pregaria que se celebrará este venres ás 18.00 h. Trátase dunha bendición urbi et orbi en que toda a Iglexa pedirá pola fin da pandemia.

O acto será retransmitido por televisión e Internet e todos aqueles que se unan espiritualmente a este rezo a través dos medios de comunicación recibirán a indulxencia plenaria.

Desde Galicia, o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, animou todos os fregueses a participar nesta pregaria.

Probas masivas no Vaticano

Na Cidade do Vaticano están facendo probas de coronavirus de forma masiva entre os seus habitantes e traballadores, despois dun novo positivo doutro funcionario da Secretaría de Estado.

Tamén o papa Francisco foi sometido a unha segunda proba do coronavirus, que deu negativo igual que a primeira.

O Vaticano mantén pechada a praza de San Pedro e a basílica ata o próximo 3 de abril como medida de prevención. 

O papa Francisco ofrece as misas diarias matutinas de Santa Marta, as audiencias xerais dos mércores e o rezo do Ángelus por vídeo. Tamén será así coa bendición urbi et orbi desta tarde.