CRTVG

Buscar

O Papa pide liberdade e paz na súa mensaxe de Nadal

Publicado o 25/12/2019 14:29

Unha praza de San Pedro ateigada agardaba o Papa Francisco e súa mensaxe de Nadal. Se na omilía da misa do Galo de onte o Papa propoñía cambiar o mundo, a Igrexa e a historia a través dun amor máis desinteresado, na mensaxe desta mañá pedía liberdade e unha harmoniosa convivencia para todos. Lembrouse dos migrantes e dos nenos que viven en zonas conflito de América Latina e Oriente Medio, entre elas Libia ou Siria.

1.200 millóns de católicos en todo o mundo recibiron a bendición urbi et orbi no sétimo Nadal do papa Francisco.




 

Noticias web

25/12/2019