CRTVG

Buscar

O Papa pide desde Eslovaquia unha Europa máis solidaria

Publicado o 13/09/2021 18:16

O papa Francisco reclama que a solidariedade europea atravese as fronteiras. Díxoo durante a segunda xornada da súa visita oficial a Eslovaquia e en presenza da presidenta do país. Repite así o chamamento de fraternidade cos máis necesitados que tamén fixo onte en Hungría. Os dous países encarnan algunha das posturas máis duras contra a politica migratoria da Unión Europea.

Noticias web

13/09/2021