CRTVG

Buscar

O Papa non permitirá o sacerdocio a homes casados

Publicado o 12/02/2020 13:14

O Papa mantén o celibato e non vai permitir que homes casados se ordenen sacerdotes. Na súa exhortación do Sínodo da Amazonía, publicado hoxe, o Papa Francisco nin sequera menciona esa posibilidade, proposta por obispos amazónicos, para que homes casados recoñecidos pola súa comunidade puidesen celebrar a eucaristía nos puntos máis remotos da zona. O Papa pide oración para que medren as vocacións e poder enviar misioneiros a eses lugares.

O documento, titulado Querida Amazonía, pecha tamén a posibilidade de permitir diaconisas, aínda que anima a que as mulleres teñan mais funcións na Iglesia da rexión.

Noticias web

12/02/2020