O Papa lembra a Maradona con afecto
Publicado o 26/11/2020 09:05
Entre as innumerables mostras de afecto cara ao astro do fútbol, desde o Vaticano informaron que o Papa Francisco o lembrou nas súas oracións cando soubo do seu pasamento.
Maradona reuniuse varias veces con el no Vaticano, tras ser elixido en 2013 como o primeiro Papa de América Latina. Segun informou o Vaticano, desde que Francisco soubo do empeoramento da saude de Diego, tívoo presente nas suas pregarias e lembra con cariño eses encontros que mantiveron nos últimos anos.