CRTVG

Buscar

O Papa lanza unha mensaxe de apertura en Hungría

Publicado o 13/09/2021 08:28
O Papa lanza unha mensaxe de apertura en Hungría

O papa Francisco pediulles aos húngaros que non se pechen e que se abran aos sedentos do noso tempo. Díxoo nunha misa multitudinaria que ofreceu este domingo en Budapest e ante a presenza do ultranacionailista mandatario Víktor Orbán, que se opón a acoller refuxiados en Hungría. Francisco referiuse ao cristianismo como o zume desa nación e animounos a que eleven e estendan os seus brazos cara a todos, pero abríndose aos sedentos do noso tempo.

Foi a súa alusión ao fenómeno migratorio e á necesidade de darlle acollida. Este asunto, segundo informou o Vaticano, non o trataron no encontro do Papa e o primeiro ministro de Hungría.

Noticias web

13/09/2021