CRTVG

Buscar

O Papa Francisco recupérase nun hospital de Roma da operación cirúrxica de colon á que foi sometido

Publicado o 05/07/2021 20:26


O Papa Francisco continúa ingresado no hospital Gemelli de Roma onde se recupera da intervencón cirúrxica por unha doenza de colon á que se someteu este domingo Segundo un voceiro do Vaticano, o pontífice, de 84 anos, está en boas condicións xerais, consciente e respirando por si mesmo. O primeiro boletín médico sobre o estado de saúde do Papa Francisco indica tamén que, agás complicacións, permanecerá hospitalizado toda esta semana.

Noticias web

05/07/2021