CRTVG

Buscar

O papa Francisco omite o tratamento de presidente na carta que lle enviou a Maduro

Publicado o 14/02/2019 20:45

Se o que pretendía Nicolás Maduro era buscar solucións no Vaticano ao bloqueo político que vive Venezuela, non o conseguiu. O Papa, que xa mediou en 2016 para abrir o diálogo entre o Goberno e a oposición, declina esta vez o ofrecemento. Así se desprende, polo menos, da carta que lle enviou a Maduro o pasado dia 7 e que filtrou un xornal italiano. Dous folios e medio, en que asina como Francisco, e en que se dirixe a Maduro como "excelentísimo señor" e non como "presidente".

O contido dos fragmentos filtrados destilan prudencia, cando o Papa reitera a" necesidade de evitar o derramamento de sangue", pero tamén reproches: "O que se acordou en xuntanzas anteriores, escribe Francisco, non se cumpriu". E lembra os repetidos intentos realizados pola Santa Sé para buscar saídas a crise venezolana, que nunca frutificaron porque supostamente as promesas de Maduro quedaron en fume. E o Papa así llo fixo saber.


 

Noticias web

14/02/2019