CRTVG

Buscar

O papa Francisco bica o brazo marcado polos nazis dunha prisioneira de Auschwitz

Publicado o 26/05/2021 21:22

O papa Francisco bica a tatuaxe co número de prisioneira dunha deportada no campo de concentración de Auschwitz. Foi durante a súa audiencia xeral dos mércores no Vaticano.

O pontífice achegouse á muller que subiu a manga do vestido para ensinarlle o número co que os nazis marcaban os xudeus. Sen pensalo dúas veces, o Santo Pai deulle un bico no brazo e logo unha aperta.

Noticias web

26/05/2021