O papa Francisco anima os católicos a vacinarse como un acto de amor
Publicado o 18/08/2021 15:57
Igual que xa fixeron os científicos ou as autoridades, agora é o papa Francisco quen anima os católicos a vacinarse porque di que é "un acto de amor".
Francisco enviou esta mensaxe a través dun vídeo, con algúns bispos de América Latina. O Santo Padre asegura que o avance na produción de vacinas dá esperanzas para acabar coa pandemia. Fronte aos negacionistas, fai un chamamento a que a xente se vacine, porque é un acto sinxelo que contribúe, dixo, a mellorar a sociedade.