CRTVG

Buscar

O Papa en Mosul: "Non é lícito facer a guerra no nome de Deus"

Publicado o 07/03/2021 20:19

O Papa finalizou esta tarde a súa histórica visita de tres días a Iraq cunha misa celebrada en Erbil, a capital do Kurdistán iraquí.

Foi o acto máis multitudinario, ante máis de 10.000 fieis aos cales convidou a non caer na vinganza, malia as feridas da guerra e a violencia.

A axenda do Papa nesta terceira xornada da visita a Iraq estivo cargada de simbolismo e emotividade, pola gran persecución que sufriu a minoría cristiá durante a ocupación do Estado Islámico. En Mosul, rodeado de pegadas bélicas, o pontífice rezou polas vítimas das guerras e lembrou que só coa paz e a reconciliación poderían reconstruír a súa comunidade.

Noticias web

07/03/2021