O Papa condena os disturbios violentos contra as restricións
Publicado o 02/11/2020 15:08
O papa Francisco referiuse aos disturbios que se suceden por Europa contra as restricións pola Covid nunha entrevista concedida a un dos xornais máis influentes de Serbia. O Sumo Pontífice condenou estes actos protagonizados, segundo di, por xente que só pensa en si mesma e denunciou o crecemento de especuladores que sacan rédito da desgraza allea.
O papa Francisco tamén fixo un chamamento ao diálogo político para buscar solucións a esta crise para que ninguén quede desprazado.