O Papa comeza mañá unha histórica e difícil visita a Iraq
Publicado o 04/03/2021 14:07

O papa comeza mañá unha viaxe de tres día a Iraq, unha das máis difíciles do seu pontificado. Francisco converteráse no primeiro pontífice en visitar este país, onde residen aínda arredor de 300.000 cristiáns.
No medio de fortes medidas de seguridade, o papa ten previsto desprazarse ata a cidade de Naiaf, pra manter un encontro co principal líder dos xiítas, o grande aiatolá Al Sistani.