CRTVG

Buscar

O Papa chega aos Emiratos Árabes para unha visita histórica

Publicado o 04/02/2019 12:47

O papa Francisco deixou aberta a posibilidade de visitar España, aínda que dixo que primeiro terían que poñerse de acordo os españois para esta visita.

Deste xeito respondeu o pontífice á pregunta dunha xornalista española a bordo do avión que levou a Francisco ata Emiratos Árabes. É a primeira vez que un papa visita a península arábiga, onde foi recibido polo principe herdeiro. Francisco ten previsto reunirse tamén cos líderes musulmáns dos Emiratos, e vai ofrecer unha misa para a numerosa comunidade católica que reside aquí.





 

Noticias web

04/02/2019