O Papa chancea cunha monxa: "Eu douche un bico, pero ti non me mordas"
Publicado o 08/01/2020 21:22
O Papa Francisco chanceou hoxe cunha monxa visiblemente entusiasta coa presenza do pontífice durante unha audiencia xeral celebrada no Vaticano O Santo Padre detivose diante dunha das monxas que o estaba a chamar incensantemente e díxolle: "Douche un bico, pero ti non me mordas".
Este momento prodúcese despois de que o pasado día 31 o Papa reaccionara enfadado dándolle unha pancada a unha muller que lle agarrou a man bruscamente na praza de San Pedro.