CRTVG

Buscar

O Papa aproba o milagre para declarar beato a Xoán Paulo I

Publicado o 13/10/2021 22:06

O Papa aprobou o milagre necesario para a beatificación de Xoán Paulo I será beato, malia que o seu pontificado durou tan só 33 días, un dos máis breves da historia. Este feito provocou que 1978 estivese marcado pola presenza de tres sucesores de Pedro. Así o confirmou a oficina de prensa da Santa Sé nun comunicado. Aínda non se anunciou a data na que terá lugar a cerimonia. O milagre aprobado por Francisco -paso necesario para a beatificación- é a curación extraordinaria dunha nena que padecía unha forma grave de encefalopatía. 

Con todo, a Igrexa considera que a súa vida se pode poñer como exemplo para toda a cristiandade. Foi un papa de orixe humilde pero de carácter sinxelo que en poucos días se gañou o afecto dos fieis. De feito aquí o lembran como "o papa do sorriso".

Aínda queda por saber cal será a data da beatificación e aínda queda un paso máis para declaralo santo a todos os efectos. Mentres tanto, xa é seguro que o rostro do predecesor de Xoán Paulo II se volverá a ver en Roma nunha solemne cerimonia relixiosa, probablemente o ano que vén.

Noticias web

13/10/2021