CRTVG

Buscar

O Papa apela ante Pedro Sánchez a "construír a patria con todos"

Publicado o 24/10/2020 20:32

O Papa recibiu a Pedro Sánchez en audiencia durante uns corenta minutos na súa biblioteca particular, na que falaron de educación, migracións e cambio climático. Logo o Pontífice realizou unha intervención pública de varios minutos, algo infrecuente nestes casos.

Acompañaban a Sánchez a súa esposa e a embaixadora española na Santa Sé, Carmen de la Peña. O pontífice dixo que a patria debe ser territorio "do dereito e da xustiza" e referiuse a cal ha ser o obxectivo dos políticos: "Construír a patria é o que eu diría neste caso. Se para co país facelo progresar, coa nación consolidala e coa patria temos que construír... construír a patria con todos"

O Papa Francisco falou do ascenso do nazismo a partir do ano 1933 e alertou sobre o drama das patrias inventadas por unha ideoloxía: "As ideoloxías sectarizan, as ideoloxías deconstrúen a patria, non constrúen. Aprender da historia"

Rematou o Pontífice sinalando literalmente que "é moi triste cando as ideoloxías se apoderan da interpretación dunha nación ou dun país".

Noticias web

24/10/2020