CRTVG

Buscar

O Papa acusa a Maduro do fracaso do diálogo sobre a crise venezolana

Publicado o 14/02/2019 18:05

A filtración dunha carta do Papa a Nicolás Maduro sacou á luz o malestar do pontífice pola falta de xestos que permitisen buscar unha saída á crise venezolana. Francisco culpa a Maduro do fracaso das negociacións que se celebraran na República Dominicana.

A carta enviouse o pasado día 7 de febreiro en resposta ao último chamamento de Maduro para que o Vaticano mediase na crise venezolana.

Coñecedores da carta aseguran que Francisco se dirixe a Maduro como excelentísimo señor e non como presidente. Ademais, evita comprometerse coa mediación e culpa a Maduro do fracaso das negociacións que se celebraran na República Dominicana.

A Igrexa venezolana admitía onte a frustración dos mediadores. De Venezuela falaron na Casa Branca os presidentes de Colombia e dos Estados Unidos. Trump reiterou que non desbotaba ningunha opción e Duque confirmou a plena sintonía entre ambos os dous gobernos. Maduro fixo un chamamento á solidariedade internacional para evitar unha intervención militar.




 

Noticias web

14/02/2019