O pan será de lei a partir do mes de xullo
O 1 de xullo entra en vigor a nova Lei do pan. A primeira novidade é que na denominación de pan común van entrar outras masas a maiores das tradicionais de trigo. Entre elas as elaboradas con outros cereais como o centeo, as integrais ou mesmo o pan sen sal. Todas estas variedades terán un IVE reducido do 4%.
Ademais, o decreto vai modificar a etiquetaxe do pan. Non se poderá presentar un produto como integral se non está feito con fariña integral 100%. O mesmo acontece nos pans de masa madre, artesáns ou cocidos en forno de leña.
O obxectivo é implementar o consumo de pan, que baixou moito en España nas últimas décadas, ao tempo que se recoñece a calidade do produto que sae dos fornos dos obradoiros. Galicia é unha das comunidades que máis pan consome, cunha media duns 40 quilos anuais por habitante.