CRTVG

Buscar

España, o país europeo con maior incidencia da Covid-19, amplía as restricións

Publicado o 18/08/2020 21:07

O Pais Vasco notificou este martes 321 novos contaxios, 40 menos que o luns. Un descenso que coincide coa imposición das medidas que acompañarán ao estado de emerxencia decretado hai 4 dias nesa comunidade. Péchanse pubs e discotecas e limítanse os grupos en rúas e bares

A conselleira de Infraestruturas do Goberno Vasco di que non se permitirán grupos de mais de dez persoas, tanto na rúa como nos bares.

Só poderán consumir os que estean sentados e manterase a distancia de metro e medio entre mesas e entre persoas. Como no resto do estado, prohíbese fumar sen manter a distancia. O transporte público funcionará ata a unha e media da madrugada, e imponse unha medida adicional.

"En traxectos superiores a dúas horas non se permitirá comer nos transportes públicos", concreta Arantxa Tapia.

Euskadi, Aragón, Andalucía e Madrid concentran a maioría dos 2128 casos rexistrados este martes, que converten a España no pais europeo con mais contaxios nos ultimos catorce dias, cunha taxa de 132 casos por cada cen mil habitantes. O segundo, Luxemburgo, ten 98. Son datos do Centro Europeo de Prevención y Control de Enfermidades.

 

Noticias web

18/08/2020