CRTVG

Buscar

O pai do bebé xemelgo que morreu en Ourense por exceso de calor podería saír de prisión

Publicado o 11/10/2021 14:24

En Ourense, podería saír en breve de prisión o pai do bebé que morreu por exceso de calor e o seu irmán xemelgo sufriu varias lesións por golpes. O xulgado que o condenou a tres anos de cárcere analiza a posta en liberdade do home. A acusación popular oponse. A fundaciòn Amigos de Galicia dubida de que se someta a un tratamento de desintoxicación.

A nai dos bebés está a levar a cabo o tratamento. Pode visitar o meniño que lle quedou, que permanece cunha familia de acollida. Foi, este, un caso mediático en Ourense. Vai para tres anos, un bebé de apenas dous meses ingresaba no hospital universitario da cidade con varias costelas fracturadas. Dous días despois, o seu irmán xemelgo aparecía morto na casa familiar. O pasado mes de xuño, un xulgado da cidade condenou os proxenitores a tres anos de prisión por homicidio e lesións e retiroulles a patria potestade do meniño que sobreviviu. 

 

Noticias web

11/10/2021