CRTVG

Buscar

O pai da nena asasinada en Muimenta cuestiona a instrución do caso

Publicado o 12/02/2021 19:37
O pai da nena asasinada en Muimenta cuestiona a instrución do caso

En maio cumpriranse dous anos da morte de Desirée, unha nena de sete anos, de Muimenta. A pequena apareceu morta na cama, e un mes despois a xuíza acusou de asasinato a súa nai.

Á espera do xuízo, seu pai, José Manuel Leal, enviou hoxe un comunicado en que cuestiona algunha das fases da instrución. Pide que a xuíza que leva o caso atenda as demandas das acusacións particular e popular e insiste en reclamar, para a única acusada, a prisión permanente revisable.

Noticias web

12/02/2021