O ourensán Daniel Minimalia volve gañar o Hollywood Music Award
Publicado o 28/01/2021 22:13
O músico ourensán Daniel Minimalia volveu facelo. Dous meses despois de se converter no primeiro galego cun Grammy por un disco propio, acaba de converterse no primeiro español en gañar dúas veces o Hollywood Music Award. Di que lle supuxo toda unha ledicia, aínda que a gala non o deixou durmir moito.