CRTVG

Buscar

O oso estraga colmeas en Valdeorras e os apicultores reclaman axudas

Publicado o 06/07/2021 13:07

En Valdeorras, os apicultores andan preocupados polas desfeitas do oso. Estragou colmeas e deixounas totalmente desfeitas. Algúns apicultores perderon medio cento delas. Din que a figura do oso é importante para o ecosistema, pero reclaman axudas para compensar as perdas. En total, son cinco os apicultores que padeceron ataques nas colmeas no último ano.

Os afectados din que non ven o oso coma un inimigo pero que precisan cobrar as axudas e prevención para non sufrir tantas perdas. Axentes medioambientais da Xunta constataron a presenza de máis dun oso nestas montañas entre valdeorras, León e Zamora.

 

Noticias web

06/07/2021