CRTVG

Buscar

O Orgullo LGTBI 2020 trasládase á web obrigado pola pandemia

Publicado o 28/06/2020 10:28


Bandeiras arco iris que representan o colectivo LGTBI nos balcóns das cidades e vilas de todo o mundo, actividades diversas e as tradicionais manifestacións reivindicativas, este ano en formato en liña, marcan a celebración internacional do día do Orgullo 2020, nesta edición notablemente condicionado pola pandemia do coronavirus. Nalgúns lugares si se celebra algún desfile en formato reducido pola distancia social obrigatoria.

En España serán moitos os edificios públicos como o Senado e concellos de todo o país que iluminarán as súas fachadas coas cores da bandeira arco da vella como mostra de apoio aos dereitos do colectivo LGTBI. Madrid, outros anos lugar de acollida da gran festa do Orgullo, desenvolve esta semana unha campaña que reivindica a igualdade, a liberdade e a diversidade da cidade. Baixo o lema "Ama, faino con Orgullo" a capital amosará o seu apoio ao colectivo LGTBI de xeito visible en toda a cidade.

Noticias web

28/06/2020