CRTVG

Buscar

O operativo de busca da pequena Anna en Tenerife vaise manter ata o xoves

Publicado o 15/06/2021 16:18
O operativo de busca da pequena Anna en Tenerife vaise manter ata o xoves

Continúa en augas de Tenerife a busca da pequena Anna, dun ano, e do seu pai Tomás Gimeno. O buque do Instituto Nacional de Oceanografía Ángeles Alvariño rastrexa o fondo mariño nas proximidades da zona onde apareceu o cadáver da outra pequena, Olivia, de 6 anos.

O robot non tripulado que leva a bordo o buque oceanográfico está traballando a unha profundidade que varía entre os 600 e os 1.700 metros. Segundo confirmou a Delegación do Goberno, o operativo de busca manterase ata este xoves.

Noticias web

15/06/2021