CRTVG

Buscar

O oocupante ilegal dunha casa de Boiro négase a abandonala

Publicado o 15/03/2021 14:39

Foron os veciños os que alertaron o fillo da propietaria dunha vivenda de Boiro de que había movemento no seu interior.

"Chamoume unha veciña para preguntarme se viñera unha sobriña pasar a fin de semana porque había movemento na casa. Díxenllle que non e achegouse ata a casa e confirmoume que había movemento, e chamamos a Garda Civil", di Manuel Maldonado, fillo da propietaria da casa ocupada ilegalmente.

Os axentes empregaron as chaves que tiña esta veciña para entrar na casa. Entraron ata unha segunda porta na que tiña pasada a cadea. Identificouse e dixo que non ía marchar contan Manuel.

Manuel ten medo ao estado no que pode quedar o interior, xa que a casa está completamente equipada e chea de recordos.

"Dixéronme que vive con 2 cans, se non os saca á rúa estarán facendo as nececesidades dentro da casa", di Manuel Maldonado.

O ocupante é un veciño de Boiro que ata o día 3 habitaba ilegalemente outra vivenda nun edifcio próximo que está totalmente ocupado. Os veciños quéixanse desta situación.

"Desde que veu a xente toda para aquí os veciños foron abandoado a zona. Isto é unha desgraza", di unha veciña.

Manuel intentará dialogar co ocupante da vivenda para que a abandone. Se non o consegue, estudará outras vías para recuperar a propiedade en que seus pais, que hoxe fan 62 anos de casados, celebraron a súa voda.

Noticias web

15/03/2021