CRTVG

Buscar

O obxectivo do Plan Galicia Segura 2021-2023 é a recuparación do sector turístico

Publicado o 21/07/2021 16:17

Un Plan elaborado pola Axencia de Turismo de Galicia en colaboración co Clúster de Turismo. Nel recóllense as medidas adoptadas en axuda do sector durante a pandemia e as estratexias para a súa recuperación. Entre esas liñas estratéxicas está consolidar Galicia como un destino seguro e de calidade.

Como obxectivo, recuperar en 2023 os indicadores de ocupación, rendibilidade e gasto previo á crise, así como superar os cinco millóns de visitantes no ano 2023. Para acadalos, o plan baséase en catro piares.

Unha folla de ruta dotada con 478 millóns de euros de investimento ata o ano 2023, que permitirá unha mobilización de 950 millóns de euros para impulsar un sector clave en Galicia.

Noticias web

21/07/2021