CRTVG

Buscar

O Observatorio Español de Drogas alerta do consumo masivo de alcol

Publicado o 17/08/2021 22:25

Segundo o Observatorio Español de Drogas, as bebedelas medraron un 24 % nos últimos tres anos e 125.000 galegos, o 7,4 % da poboación, chegan á embriaguez polo menos unha vez ao mes.

Son datos dunha enquisa efectuada durante o mes e medio que precedeu á declaración do estado de alarma en 2020. Estudos recentes revelan que, aínda que o número de galegos que consomen alcohol descende lixeiramente, aumenta o consumo masivo entre os que si son bebedores. O que se mantén sen cambios é a porcentaxe de persoas que participan nos botellóns.

O Observatorio Español de Drogas constata o aumento dos empachos de alcol, formas de consumo rápido e intensivo que recoñece o 14,4 % dos galegos entre 15 e 64 anos. A porcentaxe é medio punto superior á de hai tres anos e alerta do incremento do consumo masivo entre os bebedores.

Recoñecerse no problema é o primeiro paso para superalo e nese punto está o atleta vigués Gonzalo Basconcelo. Aos seus 27 anos, acaba de facer público que está acudindo a terapia para superar a súa adición. O deportista, que leva unha década na primeira división do atletismo, cuestiona a grande aceptación social que ten o alcol. 

Non imaxinaba recibir tantas mensaxes de apoio. Basconcelo, que foi campión galego desde 800 metros aos 3.000 obstáculos, confía na terapia e no deporte para gañar a carreira máis importante da súa vida. 

Noticias web

17/08/2021