CRTVG

Buscar

O Obradoiro remata a liga con derrota e coa dúbida de quen será o adestrador

Publicado o 23/05/2021 23:18
O Obradoiro remata a liga con derrota e coa dúbida de quen será o adestrador

Último partido da temporada para o Obradoiro coa dúbida de saber se sería o último partido do adestrador que levou o equipo as últimas once temporadas, Moncho Fernández. 

Na pista do Burgos, o Obradoiro fixo tres cuartos moi bos, pero estragou o traballo no derradeiro período. O primeiro tempo foi moi igualado (42-40 ao descanso) e no terceiro cuarto os de Santiago fóronse no marcador ata ter unha máxima vantaxe de nove puntos (58-67). Todo mudou nos últimos dez minutos. Burgos foi recortando diferenzas ata que McFaden, cunha tripla, poñía o seu equipo por diante (75-74). O Obradoiro foise do partido incapaz de facer dano no aro contrario e Burgos aproveitou para gañar o encontro (83-77).