O Obradoiro presenta a Viny Okouo, un xigante para reforzar o xogo interior
Publicado o 18/08/2021 15:49
O Monbus Obradoiro presentou hoxe a Viny Okouo. Un xigante para reforzar o xogo interior.
Só ten 24 anos, mide 2,15 e o ano pasado fixo moi bos números en Guipúscoa, onde fixo unha media de 10 puntos e 5 rebotes por encontro.
"Aquí era un bo sitio para min. Axúdanlles moito aos pivotes", comentou Okouo sobre a súa chegada ao conxunto da capital galega.
Viny formará parella interior con Laurinas Birutis. Coñece ben a liga Endesa e confía en que Moncho Fernández e o seu equipo técnico, melloren as súas prestacións como pivote.
Moncho Fernández destacou "a súa capacidade de crecemento, de seguir mellorando".