CRTVG

Buscar

O Obradoiro perde a batalla de Murcia

Publicado o 27/12/2020 19:02

Na previa, o adestrador do Murcia anunciou unha batalla e iso foi esta xornada para o Obradoiro, unha batalla chea de balóns perdidos no arranque, pero minimizados no primeiro cuarto polo xogo interior de Birutis e Cohen.

No segundo, o Murcia axustou a súa defensa, dificultou o traballo na pintura e o Obradoiro topou cun gran problema, desde fóra non metía. Os galegos asinaron 7 de 29 na tripla, a penas un 24 por centro. Negados no tiro, en especial Robertson, só quedou ir buscalas dentro e aí -nesa guerra- impúxose a dureza do Murcia.

Ao descanso o Murcia gañaba por oito, e a pesar dos tiróns obradoiristas comandados por Oliver, os locais pouco a pouco fóronse distanciando. Na rotación faltaba Pozas.

E o Obradoiro acabou perdido e exasperado, concedendo un feixe de canastras doadas ata 93-76 final. 17 de diferenza no último partido do ano.

Noticias web

27/12/2020