CRTVG

Buscar

O Obradoiro ficha o pivote Viny Okouo por dúas temporadas

Publicado o 12/07/2021 16:48

O Monbus Obradoiro e Viny Okouo pecharon un acordo para a súa fichaxe polas dúas vindeiras temporadas. Pivote da República democrátrica do Congo, Okouo mide 2,15 metros e ten 24 anos.

Chega procedente do Acunsa Gipuzkoa Basket onde promediou 9.8 puntos e 5.4 rebotes e xogou 36 partidos de Liga Endesa.

Noticias web

12/07/2021