CRTVG

Buscar

O Obradoiro celebra os seus 50 anos de historia

Publicado o 05/10/2020 16:34

O Obradoiro, fundado o 5 de outubro de 1970, cumpre hoxe 50 anos de historia no seu mellor momento deportivo, co equipo asentado na Liga ACB baixo a dirección do santiagués Moncho Fernández. O club galego viviu moitos momentos intensos ao longo dos seus anos de existencia, pero hai unha data clave en toda esta traxectoria: o 30 de setembro de 1992, cando José Ángel Docobo, histórico presidente da entidade, e José Ramón Mato colleron as rendas do club, á fronte dunha xestora, para evitar a súa desaparición. Aquela xunta xestora empeñouse en manter a batalla xudicial contra a ACB, a cal se prolongou durante case dúas décadas, ata que a xustiza outorgou unha praza na máxima categoría ao Obradoiro Club Amigos Baloncesto.

Hoxe Raúl López e Docobo repasaban todos estes feitos.

Noticias web

05/10/2020