O Obradoiro cae na cancha do Unicaja 91-79
Publicado o 19/09/2021 23:35
O Obradoiro comezou a Liga ACB cunha derrota en Málaga 91-79. O Unicaja, liderado por un gran Jaime Fernández, non deu opción aos de Moncho Fernández en case ningún momento. Agás nos primeiros minutos do encontro, os andaluces marcaron o ritmo dende a liña de tres. Pero o Obradoiro nunca baixa os brazos e malia chegar a verse 20 puntos por detrás tirou de Robertson e achegouse ata o punto de que Katsikaris tivo que parar o choque. Pero aí volveu aparecer Jaime Fernández, e con cinco puntos consecutivos evitou os problemas. Jaime Fernández rematou con 24 puntos e 34 de valoración. No Obradoiro, o máis destacado foi Okuo, con 17 puntos e seis rebotes.