CRTVG

Buscar

O Obradoiro cae con claridade diante dun Valencia inspirado

Publicado o 17/04/2021 13:31

Moncho Fernández non o quería ver. A mellor versión do Valencia Basket pasou por riba do Obradoiro nun inicio de partido espectacular dos laranxas. Pasada a pçáxina da Euroliga, o equipo de Ponsarnau centrouse xa na competición doméstica e demostrouno diante dos santiagueses. Os 28 puntos apañados no primeiro cuarto falan por si mesmos. Para o técnico do Obra pesou máis a inspiración local que as lagoas defensivas do seu conxunto.

Moncho Fernández Adestrador do Obradoiro "Si que é certo que como adestrador esixes e queres facer mellor as cousas pero creo que houbo moito mérito máis ca demérito noso. O partido desde o principio foi de Valencia, manexárono, xogaron ao que quixeron e a min só me queda felicitar ao equipo local"


Toca pasar páxina. Mañá outra cita, pola tarde, no Sar diante dun Gran Canaria non tan poderoso. O obxectivo e á décima vitoria, outro chanzo para a permanencia. Hai argumentos para o optimismo. Steven Enoch aportou 24 puntos e deixou unha vez máis detalles do seu poder no xogo interior. Os pívots do Valencia padecerona súa fortaleza. A ver se en 24 horas repiten a experiencia os do Gran Canaria.







 

Noticias web

17/04/2021