CRTVG

Buscar

O Obradoiro atópase co mellor Baskonia da temporada (91-70)

Publicado o 10/10/2021 21:39

O Obradoiro visitaba un Baskonia en crise que espertou nun primeiro cuarto no que atropelou o equipo galego cun 28-9. A partir dese intre o partido manexouno o equipo vitoriano con comodidade con vantaxes que nunca baixaron dos quince puntos. Ao descanso o resultado era de 47-29, diferenza que aumentou ao final do terceiro cuarto cun 74-49. Ao final 91-70.

Houbo seis xogadores de Baskonia que pasaron dos 11 puntos con Giedraitis como máximo anotador con 16. En Obradoiro mantiveron o tipo Beliauskas e Birutis pero onde fallou o equipo foi na defensa.